Punto Laranxa contra o acoso escolar

Avaliación 2º Trimestre

Tal e como establecen as Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario, sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestreo IES Ramón Menéndez Pidal  procede a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre, co traballo desenvolvido ata a data de declaración do estado de alarma (16 de marzo) .

Dada a excepcionalidade da situación, as notas poderán consultarse na plataforma Abalar  Móbil a partir das 15:00 horas do venres 3 de abril .

É importante destacar que as cualificacións da 2ª avaliación teñen un carácter meramente informativo. As posibles dúbidas e consultas deben ser canalizadas a través das titorías (contacto por Espazo Abalar, correo electrónico, teléfono do centro).

Conscientes da dificultade do momento e comprometidos co noso alumnado e as súas familias, continuamos a traballar para avanzar no curso cos ferramentas telemáticas das que dispoñemos.

Durante as vacacións de Semana Santa non haberá actividade académica.

A proposta á volta é respectar o horario de traballo de cada grupo, contactando profesorado e alumnado a través das plataformas dixitais nas franxas horarias habituais .

Traballando conxuntamente sairemos reforzados.

 

Cos mellores desexos á toda comunidade educativa.

 

O Equipo Directivo

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer