O pasado 2 de abril voltamos da nosa viaxe á Hamburgo. Na semana que estivemos alí realizamos varias visitas pola cidade (Museo da Speicherstadt, Elbphilharmonie, Elbtunnel, Sankt Michael, Sankt Nikolai etc.). O alumnado asistiu a varias clases e a eventos, coma o Concerto de primavera, que celebran cada ano no "Gymnasium Meiendorf", o Centro colaborador. Ademais de Hamburgo tivemos ocasión de visitar a preciosa cidade de Lübeck. Foi unha semana moi intensa, na que o noso grupiño de 4ºA conviviu co alumnado do instituto alemán e as familias.
A segunda parte do intercambio terá lugar entre o 4 e o 11 de maio, coa visita das alumnas alemás e a profesora acompañante.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer