Como norma xeral, dende o Departamento de Orientación cremos que a mellor forma de intervir é dende dentro do mesmo grupo-clase e polo profesorado das diferentes materias. Cando isto non abonda, a seguinte estratexia será a de intervir dentro do mesmo grupo coa axuda das profesoras de apoio.
O profesorado de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe forman parte do Departamento de Orientación e son o principal recurso humano co que contamos para facer apoios ao alumnado con NEE, pero neste centro tamén se contemplan reforzos que realiza todo o profesorado, segundo dispoñibilidade horaria.
As medidas que se están adoptando de Atención á diversidade pódense concretar en:
A avaliación do alumnado con NEE é continua, con tres fases diferenciadas:
1.-OBXECTIVOS
EN RELACIÓN CO ALUMNADO:
1.-Coñecemento do alumnado en todos aqueles aspectos que inflúan no seu rendemento escolar.
2.-Axuda na integración no centro, no grupo clase e nas actividades escolares, principalmente nos cursos que comezan ciclo.
3.-Creación dun clima de cooperación, comprensión e respecto dentro do grupo-clase e deste co resto do centro.
4.-Axuda en grupo e individual ao alumnado nas súas tarefas escolares con especial dedicación ao que presenta necesidades educativas especiais.
5.-Asesoramento e información sobre as posibilidades académicas ou profesionais que se lle presentan ao alumnado, sobre todo nos cursos finais de ciclo.
EN RELACIÓN CO PROFESORADO
1.-Camiñar cara a unificación de criterios en canto a obxectivos e metodoloxía.
2.-Fixar criterios de avaliación compartidos.
3.-Preparar , coordinar e valorar as sesións de avaliación.
4.-Dotar ao profesorado de estratexias para traballar na titoría .
5.-Acadar unha boa coordinación vertical e horizontal, especialmente na ESO
EN RELACIÓN COAS FAMILIAS
1.-Fomento das entrevistas individuais periódicas, sobre todo coas do alumnado con necesidades educativas especiais.
2.-Informacións mediante charlas.
2.-PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN
A orientación escolar e profesional é un dereito do alumnado e unha dimensión formativa que implica a todo a profesorado.
A persoa titora é a coordinadora do equipo de profesores e profesoras e o eixo vertebrador de todas as accións dirixidas ao grupo-clase.
As actividades de orientación son compartidas por todo o equipo docente, pero concrétanse no momento das reunións da persoa titora co seu alumnado.
As actividades de orientación referiranse a:
O Departamento de Orientación coordinará e facilitará a realización de todas as tarefas citadas.
HORARIO ORIENTACIÓN CURSO 18-19
|
Luns |
Martes |
Mércores |
Xoves |
Venres |
1ª H
8:30 |
Orientación |
Orientación |
|
|
Orientación |
2ª H
9:20 |
Orientación |
Orientación |
|
|
Orientación |
3ª H
10:30 |
Orientación |
Outras Titorías |
Outras Titorías |
|
Orientación |
4ª H
11:20 |
Orientación |
Outras Titorías |
Outras Titorías |
Orientación |
Orientación |
5ª H
12:30 |
Orientación |
Orientación |
Orientación |
Orientación |
|
6ª H
13:20 |
Orientación |
Orientación |
REUNIÓN DEPART |
Orientación |
|
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer