Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

AXENDA DO 1 AO 5 DE XUÑO

 


Correos electrónicos de titores e titoras

 


 

TITORÍA E ORIENTACIÓN: horarios das sesións de orientación. As ligazóns para a conexión e contrasinais de acceso están dentro da axenda de cada grupo.

  LUNS 1 MARTES 2 MÉRCORES 3 XOVES 4 VENRES 5 LUNS   8
10:30  

1º A BAC 

(ás 10h)

       
11:30   4º A ESO 3º D ESO

3º A ESO

(remata ás 12:15h)

2º D ESO

4º C ESO 

(ás 11h)

12:30   3º C ESO 3º B ESO

2º C ESO

(ás 12:15h)

2º B ESO

1º B BAC

(ás 12h)

13:30      

4º B ESO

(ás 13.10) 

2º A ESO  

ADMISIÓN ALUMNADO

Publicadas listaxes de admisión alumnado no taboleiro do centro.

Tamén se poden consular na aplicación admisiónalumnado. 

O número de solicitudes non é superior ó de prazas ofertadas.

INFORMACIÓN IMPORTANTE - EXAMES FINAIS CICLOS FORMATIVOS

O alumnado que desexe presentarse ás probas finais do mes de xuño debe poñerse en contacto co profesorado,  para coñecer as instrucións relativas a esas probas, con data límite o xoves 28 de maio.

Ademais, de ter algunha dificultade de medios informáticos que lle impidan realizar unha proba telemática, debe poñelo en coñecemento das titoras á maior brevidade posible.

Retorno actividade lectiva presencial con carácter voluntario para alumnado 2º Bacharelato

Enlace  resolución: 

  • Non poden acudir ao centro alumnado con síntomas compatibles co COVID-19 ou diagnosticados de COVID- 19, ou que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas o diagnosticado de COVID-19As familias vixiarán o estado de saúde e realizarán toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para ir ao centro educativo. Se o alumno/a tivera febre ou síntomas compatibles con COVID-19 non deberá asistir ao centro debendo chamar ao seu centro de saúde ou ao teléfono 900 400 116 e avisando simultaneamente ao centro educativo.
  • Dado que a incorporación é voluntaria, o alumnado que presenta condicións de saúde que os fai máis vulnerables para COVID-19 (como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cáncer, inmunodepresión ou hipertensión arterial), poderá acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e o permita, e mantendo medidas de protección de xeito rigoroso.
  • Realizarase polos usuarios unha limpeza e desinfección dos postos de traballo en cada cambio de clase con especial atención ao mobiliario e/ou outros elementos susceptibles de manipulación, sobre todo naqueles utilizados por máis dun usuario.
  • Ocupación das aulas e outros espazos; a distancia interpersonal mínima será de 2 metros.
  • desprazamento de grupos de estudantes polo centro reducirase ao mínimo.
  • O alumnado e profesorado ten a obriga de usar máscaras nos movementos
    que discorran polo centro.
  • hixiene de mans é obrigatoria en cada cambio de aula.
  • alumnado non compartirá material de uso propio con ningún dos seus compañeiros
  • alumnado debe permanecer no seu sitio durante os cambios de clase.
  • uso dos aseos estará limitado a unha simultaneidade non superior a un terzo do seu aforo
  • Recreos: Na medida do posible limitaranse espazos para que un grupo de 50 alumnos/as poida estar distanciado de dous en dous metros, independizando espazos do mesmo aforo.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer