Bo día
Esperamos que sigades moi ben.
Estamos en xuño e, nas últimas semanas de curso, imos deixarvos varias tarefas para que, ao igual que faciamos no recreo creativo da semana, o xoves, poidades, neses intres que precisedes recuperar folgos e realizar outras actividades, ter opción, por iso imos deixar dúas semanas.
Como sempre podedes enviar as tarefas que teñades a titoria4@gmail.com. Esperamos que vos resulten prácticas para realizar e descansar dun xeito divertido, lúdico e aprendendo. Aquí van as opcións para estes días:
1)
Retomando unha idea que nos achegou un compañeiro voso de 2º da ESO, e que pertence ao equipo, ao EDLG, colle un pano de mesa e realiza unha figura, imos deixar voar a imaxinación, aquilo que vos apeteza e que che guste. Seguro que realizades figuras moi orixinais, podedes inventalas e logo engadídelles nun papel o nome do obxecto en galego.
2)
Agora que xa se pode saír á rúa ímosvos pedir que vos fixedes nos nomes de rúa que teñen orixe ou o nome en galego, intentaremos memorizar catro ou cinco e, ao chegar á casa, realizaremos unha busca do tesouro; faremos un plano e nel colocaremos as rúas que memorizamos nun folio, cada un dos nomes pegaranse nese folio cun papel máis pequeno e só se pega pola parte de enriba, é dicir, como unha lapela, para poder colocar debaixo o tesouro, logo agocharemos debaixo o nome do tesouro, que será algo que represente a esa rúa, unha escultura que haxa alí, unha praza, etc... Finalmente poderedes xogar con outras persoas, e, a ver se adiviñan que tesouros hai agochados en cada rúa.
3)
Calquera tarefa das semanas anteriores que queirades facer e que non puidestes facer antes, e vos apeteza, podedes entregala aínda nestes días.
Graciñas pola vosa colaboración
EDLG E PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL
Enlace á orde que regula ás reclamacións en 2º de bacharelato no curso 2020-21:
Reclamacións no centro. Prazos:
Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos:
1. Comunicación á comisión de supervisión.
2. Remisión do expediente á comisión de supervisión.
Enlace a os paramétros de ponderación para acceder á Universidade en Galicia no curso 2020-21
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200603_parametros.pdf
O Concello da Coruña convoca bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado nos centros educativos do mesmo termo municipal que cumpran os requisitos establecidos nas bases.
Solicitudes: do 1 ao 12 de xuño.
Máis información:
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer