Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

VIAXE CULTURAL A PARÍS

Despedimos esta segunda avaliación lembrando algúns dos momentos compartidas polo grupo de Francés de 4.° da ESO e 1.° BAC na viaxe cultural a París, organizada pola profesora do Departamento de Francés, Iria Méndez.
Cinco intensos días con visitas aos principais museos da cidade e lugares emblemátivos como a Torre Eiffel.
Agora toca dar a benvida ás vacacións de Semana Santa. Descansade e collede folgos, o día 2 voltamos!

"XOIAS DE PAPEL"

Despedimos esta semana coas fotos da exposición que preside o recibidor do instituto. 'Xoias de Papel' está elaborada coas aportacións realizadas por profesorado e alumnado do centro deses libros que para eles e elas son unha auténtica xoia. Un tesouro que gardan con agarimo e que significa algo nas súas lembranzas, polo que lles ensinou, polo seu contido ou porque, simplemente, ese libro foi a semente cara a novas intereses ou aprendizaxes.
[Actividade organizada polo equipo de Biblioteca 'Zalabiblio']
 

 

VISITA AO XULGADO DE INSTRUCCIÓN

O alumnado de Filosofía de 4.° ESO e 2.°BAC tivo a oportunidade de asistir ás vistas de xuízos no Xulgado de Instrución N°6, presidido pola Maxistrada María Jesús García García. Unha experiencia moi interesante, sen dúbida moi instrutiva e que lembrarán no futuro

GIRA JÓVENES COCA COLA

Neste curso dous grupos de alumnado do ciclo medio de 1.° do ciclo medio de Actividades Comerciais está a participar na 'Gira Jóvenes CocaCola', unha iniciativa de @cocacola_esp que pretende impulsar o acceso ao mercado laboral dos e das estudantes de FP. Na última formación, celebrada no @fundacionjorgejove , o alumnado completou unha nova fase formativa e, ademais, desfrutou dunha visita guiada ao Museo de Automoción e Historia.

ERASMUS

Nestas semanas produciuse a incorporación á FCT do alumnado de ciclos formativos. Entre eles, un grupo de 12 alumnos e alumnas están a realizar a súa formación en empresas de Turquía, Alemaña, Holanda e Suíza grazas á experiencia #Erasmus+
Desexámosvos a todos e a todas unha boa experiencia internacional!

PREVISEL

Hai unhas semanas alumnado dos ciclos formativos de Actividades Comerciais, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e Comercio Internacional visitou en ExpoOurense a feira Previsel, o 17° Salón da Prevención e a Seguridade Laboral.
Nesta feira, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer as últimas novidades en técnicas de prevención de riscos laborais que alí se espuxeron e participar nas diversas actividades programadas e impartidas en colaboración co ISSGA, a Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias de Galicia e Cruz Vermella, entre outros.
Mentres unha parte do alumnado participaba no obradoiro de primeiros auxilios aprendendo e practicando a limpeza e sutura de feridas, outros grupos recibiron adestramento na reanimación cardiopulmonar e o uso de extintores.
Asemade, o alumnado puido coñecer distintas novidades expostas tales coma o uso de drons para a vixilancia de incendios, as actividades da Axencia Galega de Emerxencias ou o uso das gafas de realidade virtual para a promoción de hábitos de vida saudables.
Por outra banda, o profesorado que acompañaba tovo, ademais, a oportunidade de coñecer de primeira man novidosas técnicas de reparación dos danos causados na pel por axentes químicos.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer