Punto Laranxa contra o acoso escolar

blogue deZalaeta

LENDO "O CARTEIRO DE BAGDAD" NO MUSEO DE BELAS ARTES

Museo de Belas Artes Ttwitter

Narrando mitos. =

Grazas ao Museo de Belas Artes por colaborar con nós. Un grupiño de nenos de 1º de ESO acompañados das Veónica e Conchi estiveron aprendendo a ler entre liñas o libro "O ladrón de Bagdad" e aprendendo a mirar A Tablilla de Rubéns onde está Dédalo contemplando O laberinto co Minotauro.

Ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia. Director e pianista Andrew Litton.

O pasado venres 16 de Novembro os alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que cursan Música asistiron ao ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a batuta do director e pianista Andrew Litton. As obras foron Raphsody in blue, de G. Gershwin e Der Rosenkavalier, suite, de R. Strauss.

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria de candidaturas de pais/nais do 5 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste IES fai pública a relación de nomes dos candidatos que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

 

1.- Mª José Otero Vaamonde

 

    Segundo o establecido no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996)  corresponde elixir no presente proceso electoral a UN  pais/nais, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous  representantes de pais/nais continúan como consecuencia  un da súa elección anterior no ano 2016, e o outro é nomeado pola ANPA.

 

    Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de pais para o Consello Escolar do 27 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 17 ao 25 de novembro, ambos días inclusive.

 

    O que se fai público para xeral coñecemento.

 

                                                 A Coruña ,a 16  de novembro de 2018

MARKER FAIRE GALICIA

O vindeiro 24 de novembro o noso club Zala Tecno asisitirá á Maker Faire Galicia para presentar os nosos deseños de obxectos de axuda imprimibles e participar nos eventos Maker.

Máis información na web de Zala Tecno
Páxina da Maker Faire Galicia: https://galicia.makerfaire.com/
 

Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para tódolos públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.

Un lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos.

 

Asistirán alumnos-as de 3º e 4º de ESO todo o día.

Club de Ciencia e Tecnoloxía- OSHWDem

Participamos na OSHWDem o sábado 10 de  novembro co noso Club de Ciencia e Tecnoloxía presentando o proxecto de Deseño e Son compartido có CEE NSra de Lourdes (Aspronaga).

Máis información na web de ZalaTecno (na columna lateral) no apartado de actividades 

ESCAPARATE DE OUTONO

Escaparate de outono inspirado “Na caida da folla” realizado por Martin, Rocio, Isabel ,Yara e Angela, alumnos do ciclo superior de Xestion de vendas e espacios comerciais

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer