Entre os meses de outubro e decembro de 2024 vaise proceder a renovación parcial parcial do Consello Escolar do IES Mendiño.
Nesta páxina iremos incluíndo a documentación relativa ao proceso electoral, a medida que se vaian producindo.
Calendario electoral: Documento
- Datas fundamentais:
- Prazo de presentación de candidaturas: do 30 outubro de 2024 ás 13:00 h. do 11 de novembro de 2024. A presentación da candidatura farase na secretaría do centro.
- 18 de novembro de 2024: Votacións dos sectores nais/pais e PAS..
- 19 de novembro de 2024: Votacións dos sectores do profesorado e alumnado.
- Documento para presentar a candidatura: CANDIDATURA
COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO IES MENDIÑO (19 membros):
- Membros natos (3): Dirección, xefatura de estudos e secretaría.
- Membros elixibles:
- Profesorado (7): a renovar 5 nesta convocatoria.
- Alumnado (4): a renovar 2 nesta convocatoria.
- Nais/pais/titoras legais (2): a renovar 1 nesta convocatoria.
- Persoal de Administración e Servizos (1): a renovar 1 nesta convocatoria.
- Membros designados:
- 1 representante das persoas responsables de alumnado designado pola ANPA.
- 1 representante do Concello de Redondela, proposto polo mesmo.
O Consello Escolar é fundamental nun centro educativo. Só podemos darlle vida e a comunidade educativa participa de maneira activa. Por iso vos animamos a participar nestas eleccións, tanto exercendo o voso dereito ao voto, como presentándovos coma candidatas ao Consello Escolar.