Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2018/2019

2º de bacharelato asiste a representación teatral de "Made in Galiza"

 

O día 9 de abril 2º de Bacharelato asistiu no Multiúsos da Xunqueira á posta en escena baseada na obra de Sechu Sende Made in Galiza. Compartimos espazo cos outros IES de Redondela. A coordinación da actividade correu a cargo do Servizo de Normalización de Concello en colaboración coa editorial Galaxia.

En clave de humor observamos desde as butacas moitos dos comportamentos lingüísticos irracionais que aínda suceden no noso día a día. O grupo de teatro “Os Quinquilláns” foi o encargado da versión dramática da lectura do 2º trimestre. Feliz inicativa. Parabéns ao Servizo de Normalización.

 

 

Dia de Rosalía

O IES Mendiño quixo renderlle unha pequena homenaxe á nosa poeta Rosalía de Castro. Para iso, contamos coa inestimable axuda do noso compañeiro Uxío, motor dunha exposición que se situou na entrada do centro. Oito paneis que recollen versos da poeta, problemas sociais que seguimos a vivir tanto tempo despois de seren escritos. Espolios, desafiuzamentos, violacións, pobreza, emigración...

Meténdose dentro desta pequena exposición, a comunidade educativa do Mendiño sente estes problemas sociais, ecónomicos ou, sinxelamente, humanos que golpean a nosa sociedade. Literatura , arte e realidade xunguidas a prol da concienciación social.

Asemade, algúns pequenos de 1º de ESO acudiron ás aulas dos seus compañeiros maiores (4º de ESO) para lles ler poemas de Rosalía, dos que agora vos deixamos unha mostra audiovisual.

 

         

 

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut