Neste apartado imos ir recollendo frases, expresións e refrán empregados pola nosa xente do mar; algún deles, loxicamente, compartidos con outras comarcas mariñeiras, mais outros deseguro singulares da nosa contorna.
• Hai mar de fondo / Hai mar afora / Bota muito o mar (mar revolto)
• Muita brancura / Ovellas brancas/ Marexada / Marusía (mar picado)
• Hai vento fresco / Hai vento ao mar
• Hai resaca (mal tempo)
• Maré debalada / O debalo da maré (baixa mar)
• Mar cheo / Pleamar
• A repunta da maré (cando o mar empeza a querer encher)
• A media maré (cando o mar está medio cheo)
• Pescar ao axexo (á noitiña)
• Abalizar o peixe (colocar unas boias cunhas luces)
• Ir á espicha (capturar peixes planos)
• Ir á ollo (capturar peixes na baixamar)
• Ir a seca (capturar peixes na baixamar)
• Un barco non debería navegar cunha soa áncora, nin a vida cunha soa esperanza.
• Vai, non vai; agárrate ao norai.
• Mellor navega o que ten bo vento ca o que rema con moito alento.
• Se o remo rompe polo ghión, pagha o patrón.
• O cebo é o que engana, e non o pescador nin a cana.
• Banco en varadeiro, non ghaña diñeiro.
• Ser coma o bicheiro que ten dous ghanchos, un para atracar e outro para desatracar.
• Pescador de “anzuelo” á súa casa vai con “duelo”.
• Se lle dás a unha barca co rizón, non discutas co mariñeiro e dalle a razón.
• Estrelas a brillar, mariñeiros para o mar.
• Se vou a Bueu vou nun bou, senón non vou.
• Á arte non ghañas parte.
• Bogha o mar, bogha o peito.
• Todo o que cae á rede é peixe.
• Mar está calma chicha (tranquilo)