Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

De carácter científico/histórico

A Praza de abastos de Redondela

A SÚA ORIXE

Na actual praza de abastos de Redondela, calquera persoa hoxe pode mercar peixe, carne, froita... Pero antano, a venda destes produtos estaba en lugares distintos na nosa vila. Así, o peixe podía mercarse nunha construción coñecida como “A Ribeira” situada ao pé do embarcadoiro dun dos nosos ríos, o Alvedosa, (aínda hoxe en día é habitual escoitar dicir á xente maior “Vou á ribeira que hoxe teño ghana dunhas lorchiñas”). Noutra construción coñecida como “A Praza de Abastos”era onde se podían mercar legumes, froitas e outros produtos; estaba ubicada nos terreos que habitualmente ocupa o concello. E nesta mesma praza, pola parte de atrás e contra o río, vendíanse carnes frescas. Ademais, había unha especie de cobertos, coñecidos como alfóndigas, nos que se vendían grans (de feito, temos nun destes sitios a chamada “Praza da Alfóndiga”).

Parece ser que o vello mercado foi inaugurado en 1891, pero as malas condicións destas instalacións fixeron que as autoridades encargaran un proxecto de mercado e matadoiro público no ano 1926. A construción da actual praza de abastos está moi unida ao encauzamento do río Alvedosa e á construción do novo edificio do concello.

Así, nos anos 40, decidiuse que o sitio idóneo para a Casa do Pobo era onde estaba situada A praza de abastos. Daquela, o concello decide mudar de sitio estes locais alimenticios e, no ano 1946, decídese que o lugar idóneo para a construción da praza é uns terreos situados na marxe esquerda do río Alvedosa e próximos ao piar do viaduto de ferrocarril alí ubicado.

Con todo, foron varios os problemas que non permitiron que a construción desta edificación se sacase a subasta ata anos máis tarde, en 1952. E os problemas continuaron durante varios anos, pois habería que agardar ao ano 1955 para que a obra estivese practicamente concluída, edificio no que hoxe se poden mercar froitas, carnes... e, sobre todo, peixe (que é o que agora a nós nos ocupa).

 

Información sacada dos artigos “A praza de abastos de Redondela: intrahistoria dunha construción” , escrito por Rosa Mª Glez. Carballás e Manuel Bouzas Escudero e “Arquitectura rexionalista do concello de Redondela”, ambos os dous publicados no boletín nº 6 (2009-2012) do SEMINARIO DE ESTUDOS REDONDELÁNS (SEREN).

 

 

A praza de abastos actualmente

A praza de abastos no só cambiou a súa ubicación senón que tamén ampliou o número de postos e produtos a vender. Velaquí un curto powerpoint en video realizado por un grupo de alumnos de 4º de ESO no que se presenta a distribución actual.

 

 

 

Especies do noso mar

 

Imaxes de produtos mariños que se venden na praza de abastos de Redondela

 

Acedías

Ameixa babosa

 

Ameixa rubia

 

Bacaladiños-Lirios

 Bacallau

Bucareos

Cabracho

Calamares

Cariocas, pescadiñas e monxas 

Castañeta

Centolo

Chinchos

Choco

Croques ou berberechos

Dourada

Escarapota

Escarpón

Fanecas

Linguados

Navallas

Nécora 

Patelos

Peixe sapo ou Rabada

Raia

 

Rapantes

Rincha ou Cabala

Xurelos

 

 

Estudo da praza de abastos

 

O alumnado de 4º de ESO visitou, dentro das actividades programadas co gallo do Plan Proxecta, a nosa Praza de Abastos. Tiveron un encontro in situ coas vendedoras e vendedores de peixe que lles facilitaron información sobre as diferentes especies  vendidas no noso mercado. Este primeiro achegamento propiciou que logo, na aula,  investigasen sobre cada un dos peixes vistos, traballo guiado polo profesorado do Departamento  de Bioloxía. O resultado deste magnífico traballo no que, non só recolleron información in situ, senón que tamén a buscaron a través de diferentes fontes, esta aquí:

Ficha guía para visitar o mercado

Un paseo polos postos de peixes e mariscos do noso mercado    

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut