Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Premios

Primeiro premio na fase provincial do Club de Debate

O IES Mendiño de Redondela fíxose no día onte, 13 de marzo, co primeiro premio da fase provincial do Club de Debate. Nesta edición do Club de Debate participaron máis de 80  alumnas e alumnos de diferenes institutos, que debateron sobre o tema: "Hai racismo e xenofobia en Galicia?".
Os participantes tiveron que defender, en dous debates diferentes,a postura "a favor" e "en contra" do tema proposto. O IES Mendiño defendeu a postura "en contra" fronte ao IES Valle Inclán de Pontevedra e a postura "a favor" fronte ao IES Sánchez Cantón, tamén de Pontevedra. Nos dous debates se impuxeron as mozas e mozos de Redondela, que non só gañaron, senón que as súas intervencións acadaron as maiores puntuacións de todo o certame. 

As alumnas e alumnos do IES Mendiño, de 3º curso da ESO, enfrontáronse nos dous debates a alumnado de Bacharelato.  Con este primeiro premio, o equipo de Redondela acadou un cheque de 500 euros e a clasificación para a final galega de Debate que terá lugar o vindeiro 11 de maio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Premios Jules Verne 2018

Noraboa ao noso alumnado da ESO por conseguir, un ano máis, estes premios que o concello vén convocando dende hai anos. Os nosos rapaces e rapazas acadaron o primeiro e o segundo premio nas dúas modalidades: Premios á investigación en lingua galega e premios de ciencias.

Os nosos parabéns tamén ao profesorado que os animou e axudou a desenvolver estes proxectos.

 

Premios do Certame Literario da Reboraina 2018

 

Novamente estamos de noraboa porque as nosas alumnas de 3ºESO: Estela Muiños Gargamala e Marta Míguez Monteagudo obtiveron o 2º e o 3º premio respectivamente neste Certame Literario que o CEIP de Reboreda vén organizando dende hai anos.

Os nosos parabéns para estas alumnas e para todos aqueles que participaron nesta edición. E o noso agradecemento tamén, xunto cos nosos ánimos, para o centro polo seu estupendo labor.

 

Noraboa á ...

 

 

Certame literario “DA REBORAINA”

Noraboa ás nosas alumnas Patricia Villar Suárez e Antía Sobrado Lago porque resultaron gañadoras do 1º e 2º premio do concurso de relatos organizado polo CEIP Santo Paio de Abaixo (Reboreda), un certame dirixido a todo o alumnado de secundaria do noso Concello.

Unha vez máis, amosamos o noso orgullo polo noso alumnado e a nosa ledicia porque tivesen a sorte de recibiren estes premios.

E, como non, os nosos parabéns ao Colexio de Reboreda por levar adiante unha iniciativa tan interesante como este certame literario no que non só se prima ter imaxinación e saber escribir, senón que tamén se contribúe ao tan importante e necesario proceso de normalización lingüística. Ánimo e adiante con proxectos deste tipo!!!

   

 

 

 

 

Laura Lago Piedras, gañadora do 2º premio da categoría xuvenil do concurso de fotografía GALICIA, AUGA E LITERATURA

A nosa benquerida alumna de 3º de ESO, Laura lago Piedras, resultou ser a 2ª gañadora dentro da categoría Xuvenil do concurso de fotografía “Galicia, auga e literatura”, organizado polo xornal “La Voz de Galicia” e por “Viaqua”. Tratábase de achegar unha visión fotográfica sobre un texto da nosa literatura no que estivese presente a auga para así conxugar literatura e conciencia co medioambiente.

Os nosos parabéns para Laura. Que siga cultivando esa afección tan bonita e para a cal ten tantas aptitudes.

 

 

 

 

 

Anxo Bello Solla, gañador do VI Premio de Poesía Carme Villaverde

O xurado decidiu outorgar o premio á obra Diván no Teucro, cuxo autor é Anxo Bello Solla, alumno de 2º de bacharelato do noso instituto.

Os nosos parabéns para o noso ben querido alumno e o noso desexo de que siga recollendo premios, algo que estamos seguros vai suceder, pois o enriquecemento das súas múltiples lecturas, o seu ben escribir e a súa sensibilidade son os alicerces dun bo poeta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Premios Jules Verne 2016

 Unha vez máis, o noso centro está de noraboa: resultamos gañadores da III Edición dos Premios Jules Verne de Ciencias e Investigación en Lingua galega, organizados polo concello de Redondela.

O noso agradecemento ao concello pola convocatoria deste premio, co contribúe a unha meirande implicación nas materias de estudo do currículo por parte do alumnado, animándoo a participar en proxectos educativos que se poidan facer visibles fóra do ámbito académico e acaden un certo recoñecemento social.

E, desde logo, parabéns aos nosos rapaces e rapazas gañadores/-as, porque non só foron quen de investigar senón que tamén souberon superar as dificultades que supón o traballo en equipo: colaboración, reparto de responsabilidades, respecto...

Os premiados foron:

Na MODALIDADE DE CIENCIAS:

  • Primeiro premio:  NICOLÁS FERNÁNDEZ GONZÁLEZ e ALEIXO GONZÁLEZ VIDAL, polo seu traballo "HÉRCULES C130: modelo de fósil".
  • Segundo premio:  PEDRO COMESAÑA AMOEDO, MANUEL OTERO ÁLVAREZ, ALEIXO GONZÁLEZ VIDAL e NICOLÁS FERNÁNDEZ GONZÁLEZ polo seu traballo "SICOMOTRONIK: modelo de galaxia".

Na  MODALIDADE DE INVESTIGACIÓN EN LINGUA GALEGA:

  • Primeiro premio:  ANTÍA BLANCO BALADO, MARIAM CHARAFI, HIBA EL OUARARI, ÁNGEL GONZÁLEZ MUÑÍZ e MARCOS PERALTA VALENTE polo seu traballo "A LINGUA E A CULTURA GALEGA VISTAS DESDE FÓRA: inmigrantes e interculturalidade en Redondela".
  • Segundo Premio:  GLORIA PERRINO RAÑA, ELIAS COSTAS BOUZAS, LAURA REYES PÉREZ, ANDREA DUÁRTE RODRÍGUEZ e OFALE BASTOS FERNÁNDEZ polo seu traballo "A FLORA DA CONTORNA DO IES MENDIÑO: achega aos usos tradicionais das árbores e plantas que rodean o instituto".

Premios Reboraina 2016

Outro ano máis estamos de noraboa. Andrea González, Verónica Valente e Adrián Matilde resultaron gañadores do certame literario “Da Reboraina”, organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Santo Paio de Abaixo

1º PREMIO: "A DERRADEIRA CARTA" ANDREA GONZÁLEZ ÁLVAREZ (2º ESO)

2º PREMIO: “CONTARCHE" VERÓNICA PERALTA VALENTE (2º ESO)

3º PREMIO: “O QUE NOS TOCA VIVIR” ADRIÁN MATILDE GONZÁLEZ (2º ESO)

Os nosos parabéns para estes nosos rapaces e os noso parabéns tamén para o Colexio de Reboreda que tanto e tan ben está a facer a prol da cultura e da lingua de noso. Ánimo e que non decaian os azos!

.

 

.

 

Brais Iglesias Santana

Estamos de novo contentos e orgullosos de Brais Santana, alumno noso de 2º de ESO, pola medalla de prata que acaba de acadar nunha competición internacional de taekwondo celebrada  en Benicassim os días 14, 15 e 16 de abril. A nosa NORABOA e a seguir colleitando triunfos!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut