A nosa biblioteca, en colaboración coas bibliotecas de Redondela levará adiante, a partir, do venres 24 de outubro ata o 28 de novembro, unha actividade na que se intercambiarán libros por alimentos e produtos de primeira necesidade (que se destinarán a Cáritas Redondela).
Libros solidarios é o lema desta campaña, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e do noso, o Mendiño, que son así mesmo os lugares de intercambio. E tamén colaboran a Biblioteca do CEIP San Salvador de Teis, a Fundación Filomena Rivero Alonso e ?El Patito Editorial?.
A campaña rematará o 28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias. Queremos aproveitar para convidar a todas aquelas persoas que queiran sumarse a esta iniciativa, cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos no noso centro. Os visitantes collerán o libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes colocados para tal efecto.
Amais disto no tempo do recreo (de 11:00 h. a 11:30 h.) na zona de lectura "informal" da nosa biblioteca, se realizará unha lectura pública de textos de libros tirados da nosa biblioteca.
Xa que logo, LER, GOZAR E SER SOLIDARIOS/AS.