CLUB DE LECTURA “ QUIOSCO COCÓ”
IES Mendiño
Curso escolar 2013-2014
“O verbo ler non soporta o imperativo, igual ca amar ou soñar.”
DANIEL PENNAC
E como estamos de acordo con isto, o que nós facemos só é convidarte, animarte, convocarte a que leas con nós, unha vez ao mes.
SOMOS un grupo de persoas (pais, nais, alumnado, profes, persoal non docente) interesadas na lectura lúdica e compartida, participando do coñecemento, da imaxinación e doutras realidades e mundos.
XUNTÁMONOS na biblioteca do IES Mendiño despois de
FACERMOS unha lectura individualizada dunha obra literaria para despois
FALARMOS das nosas impresións sobre a lectura que vimos de facer, cambiamos impresións sobre a mesma. Discutimos, ás veces, se non estamos de acordo, rimos, escoitamos, mesmo pode ser que
COMPARTAMOS a sesión con algún invitado/a (se a lectura escollida nolo permite -autor/a, crítico/a, tradutor/a,...) e tamén
XANTAMOS e BEBEMOS en compañía porque ben sabemos que non hai festa sen comida e, en definitiva, o que nós facemos é unha pequena festa da lectura.
Se estás interesado/a en compartir esta festa con nós, anota os teus datos no baixo da folla . Non te comprometes máis ca a asistir cando che apeteza.
A información sobre as lecturas e datas de reunión saberalas polo teu fillo/a, vía correo electrónico ou ben a través do noso facebook Mendi Libros ou a web do centro www.edu.xunta.gal/centros/iesmendino.
Haberá exemplares da obra a ler á túa disposición na biblioteca do centro.
Un saúdo lector
Xabier Míguez, Coordinador da Biblioteca do IES Mendiño.