Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2012/2013

XXIX Certame de Poesía “María Soliño”

O noso alumno de 2º de Bacharelato Abel Lorenzo Rodríguez gaña o XXIX Certame de Poesía “María Soliño” convocado polo IES María Soliño de Cangas. Os noso parabéns para este fantástico alumno que leva camiño de se converter nun grande escritor. Vaian desde aquí os nosos parabéns e os nosos azos a continuar ceibando e compartindo con todos nós as súas inquedanzas literarias.

CERTAME DE POESÍA “ FRANCISCO AÑÓN”

O noso alumno Abel Lorenzo Rodríguez recibiu o 1º Premio no Certame de Poesía Francisco Añón de Terra de Outes. Toda a comunidade educativa do IES Mendiño se sente orgullosa de que un dos nosos alumnos reciba este premio literario de  recoñecido prestixio en toda Galicia. Daquela, os nosos parabéns para Abel e os nosos ánimos para que non deixe nunca de compartir cos demais esa sensibilidade literaria e ese bo facer á hora de escribir.

CERTAME LITERARIO “DA REBORAINA”.

Dúas alumnas e un alumno do noso instituto resultaron gañadores do CERTAME LITERARIO “DA REBORAINA”.

Sentímonos moi orgullosos de podervos comunicar que dúas alumnas e un alumno do noso centro  resultaron gañadores da XV edición do Certame literario de relato curto organizado polo Colexio Público de Reboreda destinado a alumnado de ESO do concello de Redondela.

O primeiro premio foi para Uxía Martínez de 2º de ESO; o 2º recaeu en  Miguel Rancaño, de 1º de ESO e o 3º foille outorgado a Inés Pérez de 2º de ESO.

Os noso parabéns para todos eles. E os nosos parabéns tamén para o Colexio Público de Reboreda por seguir a traballar dignamente a prol da cultura e da lingua de noso con iniciativas coma esta e moitas outras que veñen levando a cabo.  

Enlace ao blog da biblioteca do colexio Santo Paio

http://biblioblogreboreda.blogspot.com.es/2013/04/premios-do-concurso-da-reboraina-2013.html

 

24 de outubro: Día da Biblioteca

Hoxe celebramos o Día da Biblioteca. Houbo agasallos para todos e todas durante o tempo do recreo: marcapáxinas e galletas. Poñémosvos algunha foto anterior a que chegase o alumnado. Xa vos imaxinaredes de que, das galletas, só quedaron as migallas. Conservamos algún marcapáxinas con imaxes dalgunhas bibilotecas ben fermosas (incluída a nosa). A obra artística (esa fermosa árbore rodeada da serpe que leva na  súa boca un libro) é da autoría do noso querido amigo e compañeiro, colaborador infatigable en todas as actividades culturais do centro, Euxenio. A parte literaria correu a cargo da nosa benquerida alumna Aloxi Centeno, disposta tamén sempre a  participar en calquera evento cultural do centro.

O lema que Aloxi presentou foi: "NON TODOS OS LIBROS ESTÁN NA BIBLIOTECA. E TI ES UN DELES".

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut