Ligazóns importantes
24 de outubro: Día da Biblioteca
Hoxe celebramos o Día da Biblioteca. Houbo agasallos para todos e todas durante o tempo do recreo: marcapáxinas e galletas. Poñémosvos algunha foto anterior a que chegase o alumnado. Xa vos imaxinaredes de que, das galletas, só quedaron as migallas. Conservamos algún marcapáxinas con imaxes dalgunhas bibilotecas ben fermosas (incluída a nosa). A obra artística (esa fermosa árbore rodeada da serpe que leva na súa boca un libro) é da autoría do noso querido amigo e compañeiro, colaborador infatigable en todas as actividades culturais do centro, Euxenio. A parte literaria correu a cargo da nosa benquerida alumna Aloxi Centeno, disposta tamén sempre a participar en calquera evento cultural do centro.
O lema que Aloxi presentou foi: "NON TODOS OS LIBROS ESTÁN NA BIBLIOTECA. E TI ES UN DELES".