Ligazóns importantes
Primeiro premio na fase provincial do Club de Debate
O IES Mendiño de Redondela fíxose no día onte, 13 de marzo, co primeiro premio da fase provincial do Club de Debate. Nesta edición do Club de Debate participaron máis de 80 alumnas e alumnos de diferenes institutos, que debateron sobre o tema: "Hai racismo e xenofobia en Galicia?".
Os participantes tiveron que defender, en dous debates diferentes,a postura "a favor" e "en contra" do tema proposto. O IES Mendiño defendeu a postura "en contra" fronte ao IES Valle Inclán de Pontevedra e a postura "a favor" fronte ao IES Sánchez Cantón, tamén de Pontevedra. Nos dous debates se impuxeron as mozas e mozos de Redondela, que non só gañaron, senón que as súas intervencións acadaron as maiores puntuacións de todo o certame.
As alumnas e alumnos do IES Mendiño, de 3º curso da ESO, enfrontáronse nos dous debates a alumnado de Bacharelato. Con este primeiro premio, o equipo de Redondela acadou un cheque de 500 euros e a clasificación para a final galega de Debate que terá lugar o vindeiro 11 de maio.