Ligazóns importantes
A PESCA DE BAIXURA
O cantar d´o mariñeiro
é un bonito cantar:
triste cando vai para illa,
alegre cando se ven do mar
Ernesto Casto Padín Lorenzo:Amores e dolores (1940)
A pesca de baixura, xunto co marisqueo, son as actividades marítimas máis importantes no noso concello.
Se cadra a información recollida aquí podía figurar no apartado de Antropoloxía, pois semella que moitos dos usos e artes pesqueiras pouco variaron ao longo do tempo, pero dado que é material léxico o recollido, decidimos incluílo no apartado lingüístico.
En Redondela, a actividade pesqueira segue a ser maioritariamente artesanal, como se poderá comprobar nos datos recollidos polo noso alumnado de 3º e 4º de ESO a partir da información proporcionada polos seus familiares e/ou coñecidos mariñeiros
Poderase comprobar o uso dalgunha das artes de pesca citadas documentadas xa canto menos no séculos XV e XVI. Naquela altura as artes máis empregadas na pesca eran de rede e liña, trasmallos e sacadas. O incremento da demanda de peixe a fins do século XV e principios do XVI trouxo consigo un novo aparello: o espinel, unha especie de palangre con moitos anzois que se ía estendendo polo fondo do mar. Esta arte foi prohibida nas rías de Vigo e Pontevedra no último terzo do século XVI. Era unha arte tradicional practicada en toda Europa, moi popular polo feito de precisar pouca xente para largar e recoller o aparello, que tanto se podía botar desde a embarcación como desde terra. O palangre segue aínda a ser utilizado por algún dos nosos mariñeiros cesantinos.
Amais destas artes, tamén xa se documenta o uso do cerco e do xeito O primeiro menos practicado por mor do importante número de mariñeiros que se necesitaban. Pola contra, o segundo, era o máis frecuente; o aparello consistía nunha rede con varias pezas unidas que se lanzaban desde a embarcación, manténdose a flote e formando deste xeito unha barreira na que quedaban enganchadas as sardiñas que logo se recuperaban desenganchándoas unha a unha para que non se estragasen. O cerco e o xeito son artes perfectamente vivas nos nosos mariñeiros. É frecuente ir mercar sardiñas e escoitar das pescantinas “Sonche do xeito, mira que fresquiñas están”
Xa que logo, insistimos no que apuntamos ao principio deste epígrafe: que a información que deseguido presentamos tanto podería ir no apartado de carácter antropolóxico como no lingüístico.
Velaquí unha pequena mostra de diferentes artes de pesca que o noso alumnado está a recoller do contacto con familiares e coñecidos adicados ás faenas do mar.
ARTES DE PESCA
O Cerco (arte consistene e facer un círculo coa rede arredor do peixe)
Aparellos:
- redes (a que se pon na punta chámase calón)
- corcho arriba (para que frote a rede)
- plomo abaixo(para que estire a rede e vaia ao fondo)
- fío de armar (co que se arma a rede)
- trallas (as que amarran o corcho e o plomo)
- gharreta (a que fai cerrar a rede)
- tiros (os que van nas cabezas da rede)
- boias
Outros oficios:
- O bou (arte practicada en mar aberto na que un ou dous barcos que navegan parellos arrastran unha rede en forma de saco durante unhas horas ata que se sube a bordo coa pesca)
- O arrastre (modalide de pesca na que un ou dous barcos arrastran a rede polo fondo)
- O xeito (arte consistente nunha rede longa que se estende e se deixa durante horas para que a sardiña que se despraxza co cambio de marea malle nela)
- Os trasmallos (aparello composto por tres panos superpostos de forma rectangular que forman unha especi de parede no mar na que quedan presos os peixes)
- As nazas (aparello consitente nunha especie de gaiola, normalmente d eforma cilindrica, disposta de xeito que permitan a entrada do peixe ou marisco pero non a súa saída)
de anguías (feitas con vimbios)
de chocos (con vides e rede)
- A rapeta (arte de arrastre semellante ao boliche que mestura o cerco e o arrastre)
- O boliche (arte de pesca semellante á xáveda pero coa rede mais curta)
- A petera (polbos)
- A volanta (moi empregada na captura da pescada)
- Rastro (da ameixa, da vieira)
- O mediomundo, truel ou zarabardo (moi usado na pesca das fanecas, de bocareus…)
- Pesqueira
- Bedrines
- Ardora
- Palangre (arte consitente nunha tralla longa, chamada madre, da que colgan as brazoladas)
- Veta (arte parecida ao tramallo composta por un so pano de malla pequena)
- Miño (arte semellante ao tramallo pero máis alto e de fío máis delgada, que se prega para pescar peixe plano e crustáceos)