Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novo libro de lectura

Seguimos apostando neste curso pola poesía. Así que para a seguinte xuntanza do “Quiosco Cocó” decidimos escoller a obra literaria de Gloria Fuertes. Parécenos que é unha boa maneira de conmemorar o centenario do seu nacemento.

Que libro? Pois desta volta non vai haber un libro concreto, senón que poderemos optar por calquera das súas obras. Cada un de nós lerá a que queira e así poderemos despois, na nosa posta en común, coñecer moitas máis facetas da escritora.

Podemos elixir entre as súas obras infantís (Paca la vaca flaca, La poesía no es un cuento, El mundo encantado...) ou obras para adultos (Aconsejo beber hilo, Antología y problemas de suburbio, Isla ignorada, Poeta de guardia...).

 

Xa que logo, fagamos a nosa escolla!

 

 

 

  

 

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



story | by Dr. Radut