Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Nova reunión do club de lectura "Quiosco Cocó"

Un recreo máis, o 18 de xaneiro, alumnado, profesorado e nais reunímonos arredor do noso chocolate para falar sobre o libro de Agustín Fernández Paz, O único que queda é o amor.

Todos resaltamos a prosa fluída do noso benquerido escritor, e sobre todo o transfondo das historias que conta: amor e desamor, o amor real e o amor evocado, o amor que é e o que puido ser e o tempo e as circunstancias impediron. Pequenos toques sorprendentes nesas historias, como o diamante agochado nunha caixa de mistos, ou a sorpresa que se atopaba tras dunhas fotos atopadas.

En resumo, lectura disfrutada e pracenteira, que nos deixou satisfeitos a todos e todas.

 

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



story | by Dr. Radut