Ligazóns importantes
Día das letras galegas
Aínda que cremos que o galego debe estar presente en todos os espazos e en todos os momentos, o noso instituto celebrou o Día das Letras Galegas cun fermoso e emotivo concerto do alumnado de Música, dirixido pola súa profesora Josefa Fernández Osorio. Asemade, o alumnado do centro foi agasallado cun exemplar de Cantares Gallegos (150 aniversario da súa publicación) de Rosalía de Castro ou As Actas Escuras de Roberto Vidal Bolaño (autor homenaxeado este ano). Este presente foi posible, en parte, grazas á aportación económica da ANPA do noso instituto a quen queremos agradecerlle a súa colaboración.
Desde aquí queremos tamén darlles os parabéns a todo o alumnado que participou neste concerto, e moi especialmente á profesora Josefa, por conseguir que os rapaces e rapazas sexan quen de interpretaren estupendamente diferentes pezas musicais. Asemade, queremos agradecer a súa incondicional disposición para colaborar en actividades culturais do noso centro, algo do que toda a comunidade educativa se sente moi satisfeita e orgullosa.