You are hereTerra de Melide
Terra de Melide
Aprendendo no Canadá.
Durante o pasado mes de novembro e parte de decembro, o profesor do departamento de música David Canoura, tivo a oportunidade de seguir un programa de formación do profesorado PIALE no Canadá xunto con outros profesores e mestres da xeografía galega. O programa deulle a oportunidade de traballar durante un mes nun centro da capital do país, o Canterbury High School de Ottawa, e convivir cunha familia local durante ese tempo.
A parte da inmersión na cultura e tradicións do país e da aprendizaxe da língua, o programa permitiu ao profesorado participante aprender do funcionamente do sistema educativo canadense e da didáctica específica da súa materia.
Para contarnos a súa experienca, teremos unha serie de conferencias nos próximos días no na Biblioteca do IES de Melide. O martes 17 e xoves 19 para profesorado e alumnado no recreo das 11:10 e o mércores 25 ás 18h para público xeral e veciñanza da comarca.
TEATRO VIRTUAL PARA UN FIN DE CURSO ONLINE [cap.4]
Chega o capítulo final de
"Microteatro para unha corentena"
Un espectáculo de teatro virtual para un fin de curso a_típico e a_nómalo.
Microteatro en 30 segundos da man do alumnado de Artes escénicas. Hoxe por partida triple, despedimos esta serie de intervencións teatrais desde a casa coa orixinalidade e creatividade de Pablo, a frescura e o xenio de Raquel e a ironía e perspicacia de Nico.
A aula de Artes escénicas do IES de Melide desexamos que teñades un bo verán. Gozade deste capítulo e... Que siga o espectáculo!
TEATRO VIRTUAL PARA UN FIN DE CURSO ONLINE [cap.3]
Hoxe, no capítulo 3 de
"Microteatro para unha corentena"
Un espectáculo de teatro virtual para un fin de curso a_típico e a_nómalo.
O optimismo e bo humor chegan da man dun home que é a alegría das clases, Hector, e a reflexión, a delicadeza e a cordialidade chegan da man de Paula, unha muller de corazón xeneroso.
Sen máis, goza do espectáculo de hoxe.
TEATRO VIRTUAL PARA UN FIN DE CURSO ONLINE [cap.2]
Na entrega 2 de
"Microteatro para unha corentena"
Un espectáculo de teatro virtual para un fin de curso a_típico e a_nómalo.
Dous cracks dos obxectivos que medran detrás das cámras. Ela expresiva, natural expontánea, el activo, voluntarioso e imparable.
Goza do espectáculo de hoxe con Elena e Oscar.
TEATRO VIRTUAL PARA UN FIN DE CURSO ONLINE [cap.1]
O alumnado de Artes escénicas do IES de Melide presenta:
"Microteatro para unha corentena"
Un espectáculo de teatro virtual para un fin de curso a_típico e a_nómalo.
O a_rgalleiro alumnado de Artes escénicas de 4º de ESO non quixo que o a_burrimento se apoderase da situación, así que preparou un pequeno espectáculo desde as casas para poñer un pouco de sabor a este descafeinado fin de curso.
En pequenas pílulas de 30 segundos chegan, dende o confinanmento dos seu fogares, as reflexións, ideas e curiosidades de 9 artistas da palabra.
Na entrega de hoxe Anita e Lucas.
Ela incombustible e expontánea, apúntase a un bombardeo, el alegre e optimista, non deixa pasar a oportunidade de regalarvos un sorriso.
Goza do espectáculo e non perdas as nosas próximas entregas.
Obradoiro de achegamento a Moodle no IES de Melide
A asociación Melisa vai impartir un obradoiro de achegamento á ferramenta Moodle, dirixida aos profesores do Instituto de Ensino Secundario de Melide, así como a calquera outro profesional do ensino interesado.
O obradorio constará de 6 horas de duración e será impartido por
Rafael Rodríguez Gaioso, presidente de Melisa. Terá lugar os días 31 de
xaneiro, 7 e 14 de febreiro. Haberá dous grupos de profesores, o
primeiro deles terá a súa sesión ás 16 horas, e o segundo ás 18 horas.
O obxectivo do obradoiro é familiarizar aos profesionais da
educación no uso dunha das ferramentas máis populares, e con máis
seguidores no campo do e-learning, que algúns deles xa están a empregar
grazas a que o IES de Melide forma parte do proxecto Webs Dinámicas
da Consellería de Educación. A través deste proxecto dende a
Consellería de Educación vense implantando durante os últimos anos nos
Centros públicos educativos unha serie de aplicativos Web 2.0 como
Drupal, Moodle, ...
O programa do obradorio tratará temas como unha introdución a Moodle,
como engadir material a un curso, que ferramentas adicionais
proporciona a plataforma (Chat, Foro, Wiki, Glosario) e que ferramentas
útiles proporciona aos profesores para o seguimento dos cursos (Informes
e rexistros e Cualificacións. Pódese consultar o programa detallado do obradoiro na web de Melisa.