You are hereLingua Inglesa
Lingua Inglesa
ENGLISH WEEK
Dende o 3 ata o 9 de novembro, 25 alumn@s do noso centro estarán no Centro de Inmersión Lingüística Os Peares, dentro do programa ENGLISH WEEK organizado polo servizo de Linguas Estranxeiras da Consellería de Educación.
A finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado e a motivación pola comunicación en lingua inglesa, proporcionando ao alumnado destrezas de comprensión e expresión oral a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural, de tempo libre e obradoiros, incidindo ademáis na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sustentabilidade e coñecemento da contorna.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2019-20
Consulta a programación do noso Departamento para informate dos obxectivos, contidos, criterios de avaliación, etc. do teu curso.
PROFESORADO CURSO 2019-20
No presente curso, o Departamento de Inglés está formado polo seguinte profesorado:
Amelia Andrés Casal |
1º ESO A-B-C-D 2º ESO C/D bilingüe |
|
Claudio Fernández Barreiros |
4º ESO A 2º FP Básica |
Xefe de Estudos |
Cristina López Caramés (David González Fernández) |
3º ESO A; 3º ESO B/C non bilingüe 2º BAC A-B 1º FP Básica |
|
Mª Dolores Manteiga Gómez |
ESA CUALE A1-A2-B1-B2 |
Xefa de Departamento |
Mercedes Rivas Romero (substituta: Mª del Carmen Rey Díaz) |
4º ESO B-C 1º BAC B2 |
|
Ana Mª Staton Nogueira |
2º ESO A-B-C/D non bilingüe 3º ESO B/C bilingüe 1º BAC A-B1 |
|
CUALE INGLÉS: Comezo das clases
ATENCIÓN
Comezamos as clases do programa CUALE a vindeira semana, no seguinte calendario e horario:
- CUALE A1: mércores 25 de setembro, ás 16.20
- CUALE A2: xoves 26 de setembro, ás 16.20
- CUALE B1: martes 24 de setembro, ás 18.20
- CUALE B2: luns 23 de setembro, ás 18.20
Todos os niveis na AULA 201 (1º andar)