You are hereLocalización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Documentos do Centro, Equipo Directivo, Persoal non docente, PEC, RRI, Plan de Convivencia, PAT, Plan de Autoprotección, Proxecto Lector, Proxecto Lingüístico, Taboleiro, Libros de texto, Acceso Universidade, Matrícula / Admisión, Impresos, Programacións Didácticas, PPSaude, 50 ANOS DO IES, Solicitude de certificados, Plan Dixital

Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Documentos do Centro, Equipo Directivo, Persoal non docente, PEC, RRI, Plan de Convivencia, PAT, Plan de Autoprotección, Proxecto Lector, Proxecto Lingüístico, Taboleiro, Libros de texto, Acceso Universidade, Matrícula / Admisión, Impresos, Programacións Didácticas, PPSaude, 50 ANOS DO IES, Solicitude de certificados, Plan Dixital


CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Publicada a orde pola que se convocan as axudas para o fondo solidario de libros de texto para o curso 2022/23.

PRAZO DAS SOLICITUDES: dende o 19 maio ata o 22 de xuño incluído.

-Acceso á aplicación para a solicitude telemática.

-ANEXO I e II, para a presentación presencial na secretaría do centro

Máis información 

PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO

Aberto o prazo para presentarse aos premios extraordinarios de bacharelato. Dirixido a todo o alumnado que rematara os seus estudos o curso 2021/22. O prazo para solicitar a participación vai dende o 26 de abril ata o 25 de maio de 2022.

MÁIS INFORMACIÓN    

DIRECTRICES SOBRE O USO DE MÁSCARAS

Publicado, por parte da Dirección Xeral de Saúde püblica, as directrices sobro o uso de máscaras no ámbito educativos.

Recoméndase o uso da máscara nos seguintes casos:

  • Persoal traballador do centro educativo.
  • Alumnado do centro educativo.
  • Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
  • Persoas traballadoras.
  • Visitas cando estean en zonas compartidas.
  • Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

MÁIS INFORMACIÓN   

PRIMAVERA XOVE

Trasladamos a información que nos chegou sobre o programa Primavera Xove proposto pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O obxectivo deste programa é o de ofrecer novas iniciativas e alternativas saudables de ocio á mocidade para o seu tempo libre e levarase a cabo entre os meses de maio a xuño. Está composto por tres formatos de accións diferentes totalmente gratuítas que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas.

MÁIS INFORMACIÓN

 

USO DAS MÁSCARAS NO PATIO

As Consellerías de Sanidade e Educación publicaron o pasado venres 18 pola tarde un comunicado no que anuncian o acordo de deixar de recomendar o uso de máscaras nos espazos ao aire libre nos centros educativos, polo que:

  • O uso da máscara no patio do centro pasa a ser voluntario.
  • O uso da máscara dentro do centro educativo segue a ser obrigatorio.
  • Recoméndase que o alumnado leve ou un recipiente que lle permita gardar a máscara en caso de que a quite no patio ou algún mecanismo que lle permita tela colgada e volver a poñer facilmente no momento en que entre no recinto escolar.

Ligazón ao comunicado da Consellería  

PROTOCOLO CONTACTOS ESTREITOS NOS CENTROS EDUCATIVOS

Tal e como se recolle no anuncio publicado pola Consellería de Educación, a patir deste 7 de marzo, os centros educativos, como non son considerados ámbitos vulnerables,  DEIXARÁN de comunicar os contactos estreitos e serán as propias persoas que dean positivo en COVID as encargadas de contactar cos seus contactos estreitos.

MAIS INFORMACIÓN 

 

ABERTO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Iníciase o proceso de admisión do alumnado de nova incorporación ao centro.

As solicitudes do alumnado procedente de centros adscritos tramítanse a través do centro no que se está matriculado este curso.

A listaxe de alumnado admitido publicarase o vindeiro 25 de febreiro.

O alumando que vai permanecer no centro educativo no debe presentar solicitude. En caso de cambiarse de centro, ten que presentar a solicitude de reserva no centro no que se quere matricular para o vindeiro curso.

Máis información na páxina da Consellería de Educación

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

No día de hoxe quedou constituída a xunta electoral que velará por que todo o procedemento de eleccións de representantes no Consello Escolar se desenvolva de acordo á procedemento regulado.

O calendario electoral aprobado na reunión da Xunta Electoral de hoxe é o seguinte:

CALENDARIO ELECTORAL:

  • 2 NOVEMBRO: publicación censos e inicio reclamación aos censos.
  • 4 NOVEMBRO: remata prazo reclamación censos. Inicio presentación de candidaturas.
  • 15 NOVEMBRO: publicación de candidaturas. Sorteo das mesas electorais. Presentación de supervisores á votación.
  • 16 NOVEMBRO: inicio prazo reclamación candidaturas. Inicio campaña electoral.
  • 22 NOVEMBRO: fin campaña electoral.
  • 23 NOVEMBRO: ELECCIÓNS co seguinte horario:
    • Alumnado de 8:40h a 13:00h
    • Familias de 16:00h a 20:00h
    • Persoal de A.S de 15:00h a 15:30h.
    • Profesorado ás 14:15h

 Nos seguintes documentos adxuntos poderán consultar información específica sobre as funcións do Consello Escolar e o procedemento de eleccións de cada un dos membros da comunidade educativa.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido