MEMORIA DO CLUB DE CIENCIAS

O IES de Melide participou por segundo ano consecutivo no Club de Ciencia. Unha das actividades que se levou a cabo durante todo este curso foi a realización dun mural informativo onde figura parte da biodiversidade que está presente na charca e nos arredores do hotel de insectos que temos na área verde do patio do instituto. Os debuxos das distintas especies e a súa edición informática foi realizada por alumnado dos distintos niveis educativos. Outras das actividades realizadas poden visualizarse no seguinte PDF memoria.

ICÍA GARCÍA CARREGAL, DO IES DE MELIDE, GAÑA O RETO LECTOR 2019

Icía García Carregal, do IES de Melide, gaña o Reto Lector 2019 pola súa recomendación de A FILLA DO MINOTAURO de Marilar Aleixandre.

Parabéns á gañadora e aos cinco finalistas!

FOTOS DAS ORLAS DE 2º BAC E ACTO DE DESPEDIDA

Na seguinte ligazón podedes ver e descargar as fotos individuais das orlas de 2º BAC 2019 e do acto de despedida.

Ligazón ás fotos individuais das orlas: preme aquí

Ligazón ás fotos do acto de despedida: preme aquí.

PREMIADO O PROXECTO DO IES DE MELIDE "EU PRESUMO DE GALEGO" (Premios Mil Primaveras)

O xurado premiou o proxecto Eu presumo de galego (IES de Melide) na categoría de fomento do galego na infancia e/ou mocidade, por ofrecer un modelo de traballo de calidade para a detección de necesidades concretas en contextos galegofalantes, onde a reflexión sociolingüística e a promoción do galego entre a mocidade se insiren nun proxecto educativo transversal. Valorouse positivamente a súa flexibilidade e eficiencia, que o converten en modelo transferible tanto a contextos educativos galegofalantes como a castelanfalantes.

A partir dunha actividade concreta como un concerto, o IES de Melide creou un proxecto transversal que inclúe accións relacionadas coas matemáticas, a tecnoloxía, o traballo coa madeira, a radio ou a edición de vídeo. O proxecto impulsa coñecementos que garanten unha plena competencia comunicativa en lingua galega e favorece a reflexión sociolingüística nun contexto galegofalante. As actividades desenvólvense durante todo o curso e implican a toda a comunicade educativa e a entidades, asociacións e empresas locais.

Parabens para o Equipo de Normalización da Lingua Galega do IES de Melide e o profesorado implicado.

Enlace a Premios Mil Primaveras

Táboa Periódica interactiva en galego realizada polo Dep de Física e Química coa participación do alumnado

Tendo en conta que a UNESCO declarou o ano 2019 como ano intrenacional da táboa periódica ao cumplírense 150 anos desde Mendeleev publicase a súa famosa clasificación períódica, o dep de Física e Química decidiu facer unha pequena contribución a este evento elaborando unha táboa periódica interactiva online en galego na que participase o alumnado. Para elo dividimos os elementos da táboa periódica entre o alumnado de 2º ESO, 4º ESO e FP Básica. Cada un deles, mediante un formulario creado na páxina do instituto, subiu o seu traballo (cun guión acordado polo departamento) sobre o elemento que lle tocou.
Unha das plataformas online que permite realizar unha tarefa deste tipo de xeito gratuito é "Genially". Mediante unha conta compartida entre os membros do departamento procedeuse ao deseño da táboa e a revisión, edición e maquetación do contido enviado polo alumnado sobre cada elemento. O proceso levou máis tempo do programado, polo que a publicación é "in extremis", xusto no remate do curso! pero pensamos que mereceu a pena e o no departamemo estamos moi contentos co resultado final.

ITINERARIO EN KAIAK

Co obxectivo de fomentar e espertar o interese pola práctica físico-recreativa na natureza, coñecendo novas formas de ocupar o tempo de lecer, o alumnado de 1º ESO e 2º ESO do IES de Melide desprazouse ata Pontedeume para participar nun programa de educación ambiental que tiña como protagonista o piragüismo.

XORNADA DE ACOLLIDA - 6º DE PRIMARIA

Como cada ano por estas datas recibimos a visita do alumnado dos CIPS adscritos (Nº1, Martagona, Pastor Barral, Toques e Arcediago).

O alumnado que de 1º de ESO capitaneou un acto informativo de benvida no que se presentaron cuestións de interese relativas á nova etapa educativa que o alumnado iniciará en setembro. 

Despois dun percorrido polas instalacións do IES, o acto finalizou cunha representación teatral (monicreques e teatro negro) do alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de artes escénicas. 

Vémonos en setembro!

Concedido un Proxecto Erasmus + no que participa o IES de Melide

O proxecto Erasmus + "El Camino de Europa: XACOBEO 2021, la multiculturalidad como oportunidad de desarrollo" no que participa no IES de Melide a través da súa liña do Plan de Formación Permanente do Profesorado, "Deseño de proxectos europeos erasmus+",  foi aprobado na convocatoria de 2019 publicada o pasado 4 de xuño e se desenvolverá ao longo do vindeiro curso académico. 

Este proxecto dotado cun orzamento de 28.704 € foi presentado dentro da modalidade Acción Clave 1 o que supón mobilidade do profesorado por motivos de aprendizaxe e do que se espera sexa un primeiro paso para posteriores programas extensivos ao alumnado do IES de Melide.

CORREMELIDE 2019

Música, xogos populares e baile animaron un Corremelide 2019 sumamente cálido.

Máis de medio millar de escolares pertencentes ao CEIP nº1 de Melide, CEIP Martagona e CEIP Mestre Pastor Barral, CEIP Arcediago, CEIP de Toques e IES de Melide corren polas rúas do casco vello da vila de Melide para fomentar o uso do idioma galego. 

O IES de MELIDE congratúlase da bo comportamento no evento dos escolares e agradece a participación dos centros educativos e da colaboración na organización do Concello de Melide, JIM Sport e Cabreiroa.

Imaxes en www.iesaudemelide.es

XORNADA DE ANELAMENTO DAS CEGOÑAS DO IES DE MELIDE

O pasado mércores 29 de maio o alumnado do 1º ESO asistiu ao anelamento dos tres polos das cegoñas situadas no patio do instituto. A actividade foi sumamente gratificante, pois puidemos coñecer, de primeira man, as técnicas que empregan os ornitólogos para estudar a vida e migracións desta interesante especie. O anelamento destas aves permitiranos, nun futuro, poder ter información sobre a súa idade e as rutas migratorias que seguen estes exemplares.

fOTOS_cEGOÑAS

Enlace co resto de fotos da xornada: https://drive.google.com/drive/folders/1_MREVaRho9Jsy4uW_1YokseO0x4KtzoP

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido