INFORMACIÓN 2ª AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO E FAMILIAS ( PROFESOR JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ BOUZA)

Trala  información que se nos pasou dende a Consellería de Educación coas instrucción que sacaron o venres 27-3-2020 sobre a 2ª Avaliación. 

 E posterior  acordo do Departamento de Xeografía e Hª para por as notas da segunda avaliación expoño as seguintes cuestións:

 1º)Fagolle chegar ao meu alumnado como vou facer para poñer a nota desta segunda avaliación.

                2º ESO

   As notas dos exames realizados significaran o 80%, e  o traballo en clase será o 20% da nota final respectivamente.

                  1º BACHARELATO B

.As notas dos exames realizados significaran o 85%, e o traballo en clase será o 15% da nota final respectivamente. 

2ª) As actividades realizadas estes días de forma telemática non son avaliables. Só son avaliables as actividades feitas antes suspensión das clases.

TAREFAS-2 MATERIAS XEOGRAFÍA E HISTORIA ( PROFESOR JOSÉ MANUEL )

  Novas tarefas para os diferentes cursos durante a semana do 30-3-2020/4-3-2020. Para realizar nesta semana, se tedes dúbidas contactar no meu correo que vai no archivo de tarefas. Cada un que vai o seu ritmo.

   Na Semana Santa ( do 6 ó 13 de abril ) non hábera tarefas ( vacacións )

   Na semana seguinte xa vamos vendo se continua o confinamento.

TAREFAS-2 MATERIAS XEOGRAFÍA E HISTORIA ( PROFESOR JOSÉ MANUEL )

  NOVAS  TAREFAS PARA O ALUMNADO PARA A SEMANA 30-3-2020/4-3-2020. COMO XA COMENTEI QUE SE CONTINUABA O CONFINAMENTO HABERIA NOVAS ACTIVIDADES.  SON PARA FACER NESTA SEMANA. CADA CUAL O SEU RITMO, SE TEDES DÚBIDAS  CONTACTAR CONMIGO.

    NA SEMANA SANTA ( DO 6 O 13 DE ABRIL ) NON HABERA ACTIVIDADES ( VACACIÓNS  ).

 

     DESPOIS DE SEMANA SANTA XA VAMOS VENDO COMO VAI O TEMA DO CONFINAMENTO.

 

LIVING RIVER: PRIMEIRA SAÍDA Ó RÍO

Despois de moito tempo agardando que as condicións climatolóxicas mellorasen...o luns 9 de marzo o tempo estivo da nosa parte e puidemos facer a primeira saída ó río! Alumnado e profesorado de 1º de BAC das materias de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química, levamos as bolsas (con aproximadamente 1.5g de folla de amieiro no seu interior) xa preparadas e colocándolas nunha parte do río Martagona próxima ó instituto. Tras seleccionar certos puntos nesa zona do río que levasen menos corrente, colocamos nas árbores máis próximas a ditos puntos, cartaces informativos sobre o proxecto: quen está implicado, cal é o obxetivo, información sobre o coñecemento do proxecto e autorización de Augas de Galiza...

Paralelamente á colocación dos cartaces introducimos os 4 grupos de 4 bolsas no río. Cada un destes grupos de bolsas deberíase recoller cada 7 días para sacar as follas, secalas e finalmente determinar a variación de masa de folla para logo calcular a súa velocidade de descomposición. Esta velocidade de descomposición permite coñecer, en base a datos tabulados, a calidade da auga do río no que se fai a investigación.

 

Colocadas as bolsas, determinamos parámetros físicoquímicos e bioquímicos da auga do río Martagona como: pH, temperatura, osíxeno disolto, turbidez e presencia de bacterias coliformes. A análise dos mesmos parece amosar que estas augas teñen boa calidade!

 

 

ACCESO AULA VIRTUAL

Todo o alumnado do centro xa ten credas as contas na aula virtua do IES de Melide.

Ler máis...

NOVOS AVISOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Como resultado da Conferencia Sectorial de Educación mantida hoxe día 25 de marzo, publicáronse na páxina web da Consellería de Educación uns avances das medidas a tomar e que concretarán ao longo do mes de abril.

-Ligazón á información da Consellería.  

COMUNICACIÓN PROFESORADO CO ALUMNADO-ACTUALIZADO A 31 MARZO

Actualizamos documento de comunicación do PROFESORADO CO ALUMNADO  para consultar as tarefas a realizar

DOCUMENTO ACTUALIZADO a 31 de marzo profesorado ESO e BAC

DOCUMENTO ACTUALIZADO PROFESORADO CICLO MADEIRA ESA E EBI

TAREFAS MATERIAS XEOGRAFÍA E HISTORIA ( PROFESOR JOSÉ MANUEL )

          Envio material de traballo para o alumnado da miñas materias ( Xeografía de España 2º Bach, Hª do Mundo Contemporáneo 1º Bach, Xeografía e Hª 2º ESO). Este material sera para traballar na semana do 23 ao 27 de marzo.

     Adxúntase archivos pdf coas tarefa para os diferentes cursos, xunto cun correo para  comunicar dúbidas e envio de tarefas.

     Se a suspensión continua seguiremos enviando material de traballo.

                         

MATRÍCULA DO ALUMNADO NA AULA VIRTUAL

Estamos procedendo a matricular a todo o alumnado dos cusos 2º BAC, 1 BAC, 4º ESO, 3º ESO na alua virtual. Temos previsto rematar con todo o procedemento o luns 23 de marzo.

Lede o seguinte documento para comprobar como proceder para entrar na aula virtual co  nome de usuario e contrasinal que se vos indica por defecto e como modificar os datos no voso perfil no voso perfil de usuario.

DOCUMENTO CONTA USUARIO AULA VIRTUAL

se o luns non podedes acceder ou ante calquera dúbida poñédevos en contacto co centro na seguinte conta de correo: ies.melide@edu.xunta.es

ou chamando por teléfono en días laborables de 10h  a 13h.

Recomendacións cara o estudo dirixidas ao alumnado de 2º de Bacharelato en período de confinamento – COVID 19-

Estimadas/os alumnas/os: 

Achegamos nesta entrada unhas pequenas recomendacións para afrontar o estudo durante o período de confinamento. 

Esperamos que vos sirvan de axuda. 

Para comunicarvos coa orientadora do IES de Melide (Ana Parada), podedes utilizar as mensaxes privadas da Aula Virtual a medida que vaiades estando todas/os matriculadas/os. 

Moito ánimo. 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido