You are herecontent / O IES de MELIDE NO CONCURSO ODISEA
O IES de MELIDE NO CONCURSO ODISEA
Unha vez máis o alumnado de latín, grego e cultura clásica acaba de pasar uns días emocionantes co Concurso Odisea. Ademais de adquirir coñecementos sobre a Ciencia e a Tecnoloxía nas antigas Grecia e Roma, o tema deste ano, os participantes aprenderon a buscar información non só en páxinas web, senón tamén en libros, a manexar índices... e sobre todo, a pensare a pensar en equipo.
Os resultados foron bos para o IES de Melide, xa que o equipo MOIRAS, formado por Najwa Daki, Noa Glez Mejuto e Idaira del Pino Rouco de S4C, conseguiu clasificarse para o desempate, que terá lugar o mércores 13 de febreiro en Compostela. Moita forza, campioas, e que Atenea, a deusa da sabedoría vos acompañe nesta vosa odisea!!!