You are herecontent / Obradoiro de achegamento a Moodle no IES de Melide

Obradoiro de achegamento a Moodle no IES de Melide


A asociación Melisa vai impartir un obradoiro de achegamento á ferramenta Moodle, dirixida aos profesores do Instituto de Ensino Secundario de Melide, así como a calquera outro profesional do ensino interesado.

O obradorio constará de 6 horas de duración e será impartido por
Rafael Rodríguez Gaioso, presidente de Melisa. Terá lugar os días 31 de
xaneiro, 7 e 14 de febreiro. Haberá dous grupos de profesores, o
primeiro deles terá a súa sesión ás 16 horas, e o segundo ás 18 horas.

O obxectivo do obradoiro é familiarizar aos profesionais da
educación no uso dunha das ferramentas máis populares, e con máis
seguidores no campo do e-learning, que algúns deles xa están a empregar 
grazas a que o IES de Melide forma parte do proxecto Webs Dinámicas
da Consellería de Educación. A través deste proxecto dende a
Consellería de Educación vense implantando durante os últimos anos nos
Centros públicos educativos unha serie de aplicativos Web 2.0 como
Drupal, Moodle, ...

O programa do obradorio tratará temas como unha introdución a Moodle,
como engadir material a un curso, que ferramentas adicionais
proporciona a plataforma (Chat, Foro, Wiki, Glosario) e que ferramentas
útiles proporciona aos profesores para o seguimento dos cursos (Informes
e rexistros e Cualificacións. Pódese consultar o programa detallado do obradoiro na web de Melisa.

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido