You are hereBlogues / blogue de admin / Acto de solidaridade co pobo Libio e Marroquí
Acto de solidaridade co pobo Libio e Marroquí
A pesar de que o noso día a día se enche de quefaceres e rutinas, o mundo ao noso redor segue respirando, ás veces agonizando.
Por iso, lembrarse daqueles que viron a súa vida interrompida por un terremoto en Marrocos, ou polas inundacións en Libia, é unha pequeniña forma de axudar que temos desde o noso centro. Non esquecer.
Convidámosvos a que formedes parte dun acto solidario co pobo libio-marroquí que terá lugar este VENRES 29 DE SETEMBRO, na zona de entrada do instituto, durante a hora do RECREO.