Skip to Content

Día Internacional da Muller

Dende o IES de Meaño apostamos pola IGUALDADE. Como di a nosa pancarta: 8M sempre. 

O luns 9 de marzo conmemoramos o día Internacional da Muller: Os alumnos/as de 2º de ESO do Obradoiro STEAM de Igualdade impartiron unha charla para os seus compañeiros/as e para o equipo docente sobre esta materia. Ademais, a profesora de educación física, Montse, explicounos cómo o alumnado elaborou a táboa periódica das deportistas máis destacables da historia. Por último, visualizamos un vídeo no que as protagonistas eran varias alumnas do instituto, que falaban sobre o que é para elas a Igualdade. 



page | by Dr. Radut