FacebookSíguenos en YouTube

MANIFESTO DE REPULSA POLA AGRESIÓN MACHISTA ACONTECIDA HOXE EN VIMIANZO

Impotencia!!! Esa é a palabra coa que nos identificamos hoxe debido a outro lamentable feito de violencia machista, algo que avergoña a cada un/unha de nós. Monserrat López foi acoitelada esta mañá polo seu ex-noivo quen se deu á fuga, preto da cámara agraria, no concello de Vimianzo. Ela segue hospitalizada en estado grave. Os datos da violencia machista aumentan cada mes e non hai nada que o poda xustificar, só que vivimos nunha sociedade manchada por unha mentalidade obscena na que a muller aínda se ve como un ser inferior, a pesar de ser coñecedoras de que iso non é certo. Cada ano vemos como miles de mulleres en todo o mundo quedan ser voz nas mans de persoas que se adican a calalas, quizais por medo, quizais por vinganza pero nunca por valentía, porque esta palabra non vai enlazada coa morte. Realmente o que si mostra é unha covardía ao non querer solucionar os seus problemas de xeito pacífico. Entre todos e todas nós debemos loitar... Porque ninguén máis intente calarnos. Porque ninguén máis nos deixe no esquecemento. Porque ninguén máis volva a dicir que unha muller é inferior a un home. Loitar por ser nós, por vivir a nosa propia vida como gostemos. Por ser libres. Dende o alumnado de Igualdade de Xénero e toda a comunidade educativa do IES Maximino Romero de Lema, condenamos os feitos acontecidos e seguiremos empregando todas as nosas forzas e recursos, cada día, para conseguir un mundo en igualdade. Porque o activismo pode trocar o mundo!!!