O IES Maximino Romero de Lema acaba de ser recoñecido, unha vez máis, polos premios de Proxectos de Innovación Lingüística ao "Proxecto Regueifesta".
Enlace á resolución da convocatoria
Sitio web da Regueifesta
Ao mesmo tempo acaba de presentase en Compostela o encontro co alumnado do IES de Arratia para participar no primeiro encontro de Regueifa e Bertso entre escolares.
Estas actividades forman parte dunha xornada que leva por lema "A regueifa está na mesa… camiño da escola", enmarcada no Proxecto Regueifesta. O Concello de Santiago, a través dos departamentos de Lingua e de Educación, colabora con esta iniciativa, que quere poñer en valor a regueifa como método de normalización lingüística e desenvolvemento persoal e social.
O proxecto está impulsado polo IES Maximino Romero de Lema de Baio e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces. O seu alumnado visitou esta mañá Compostela, dentro do encontro que están a manter cos estudantes dun instituto biscaíño, o IES de Arratia.
Esta Regueifesta enmárcase tamén no 1º Encontro Regueibertso Galiza-Euskal Herría. O intercambio escolar do proxecto Regueibertso continuará entre os días 13 e 16 de maio, cando serán os rapaces do Maximino Romero de Lema de Baio, os que visiten Euskadi, xunto cos alumnos do IES Perdouro, de Burela e do IES Marco do Camballón.
Información na web do Concello de Santiago de Compostela
Información no diario Faro de Vigo
Información no diario Que pasa na Costa