LORENZO SILVA PRESENTA "El cazador del desierto"

Martes, 27 de marzo de 2012, Lorenzo Silva presentou a súa novela  El cazador del desierto para deleite do alumnado de 2º da ESO e do profesorado que o acompañamos na biblioteca. Resultou interesante escoitar a súa concepción dos lectores e lectoras como "recreadores" de historias e de personaxes. Tamén escoitamos cómo en palabras do propio autor o menos relevante dunha historia é o autor ou autora da mesma porque necesita desa outra parte que está disposta a lela.