Aproveitamos a exposición trimestral do alumnado de 3º de ESO para introducir contidos relacionados co sexismo lingüístico. No quinto tema da materia de Lingua Castelá e Literatura dedicado ao estudo das linguas peninsulares, así como á historia da lingua castelá, reservamos un apartado ao estudo do sexismo lingüístico para introducir este concepto e, ademais, poñer exemplos e reflexionar sobre posibles solucións que podemos aplicar nas nosas redaccións e, en xeral, no noso día a día.
Este contido foi exposto por alumnado de 3º A e 3º B, mentras que en 3ºC foi a profesora quen introduciu o tema e o alumnado participou coas súas aportacións. Partimos da guía de Intermón Oxfam contra o sexismo lingüístico (aquí) e centrámonos nos cinco bloques expostos na guía coas posibles solucións. Deixamos no seguinte cadro algúns exemplos:
Bloque |
Exemplo de linguaxe sexista |
Solucións non sexistas |
1: Uso do masculino xenérico |
“Os profesores puxeron deberes aos alumnos” |
“O profesorado puxo deberes aos alumnos e ás alumnas” |
2: Mulleres como apéndices dos homes. |
“Os traballadores e as súas esposas” |
“A plantilla e os seus acompañantes” |
3: Tratamentos |
“A señorita García” |
“A señora García” |
4: Profesións e cargos |
“Raquel Martínez, avogado” |
“Raquel Martínez, avogada” |
5: Usos de profesións de forma despectiva |
“Os médicos están no descanso” “As limpadoras fixeron ben o seu traballo” |
“Os médicos e as médicas están no descanso” “O equipo de limpeza fizo moi ben o seu traballo” |
Ademais de traballar cos exemplos presentes na guía reflexionamos sobre outros usos sexistas da linguaxe, como os duais aparentes (palabras cuxo significado cambia dependendo do sexo al que designen; non é o mesmo zorro que zorra, nin gobernante e gobernanta) e os substantivos que non teñen correspondencia para o outro sexo (como caballerosidade ou primeira dama). A partir dos exemplos anteriores e doutros, como a diferenza entre coñazo e cojonudo, decatámonos de que os termos femininos acostuman facer referencia a significados negativos, fronte aos masculinos que teñen connotacións positivas.
Deste modo, tratamos de facer que o noso alumnado fose consciente da importancia que ten o feito de escoller as palabras que empregamos con moito coidado, xa que a lingua en si non é sexista, senón que somos os/as falantes os/as que facemos un uso sexista da mesma.