Nutrición e saúde
Nutrición e saúde
Os alumnos de 4º de PDC dentro dos contidos da materia “Ámbito Científico” estiveron traballando durante case un mes, para realizar un completo traballo sobre a Nutrición Humana relacionándoa coa saúde, tan importantes ambas as dúas durante toda a vida dunha persoa, e facendo fincapé nestas idades do alumnado, que son fundamentais para previr tan en aumento obesidade infantil, ou futuras obesidades.
O tema tratouse dende distintos puntos de vista: comezando polas funcións dos seres vivos e concretamente a función de nutrición, os aparatos que interveñen, os principios inmediatos ou biomoléculas tanto orgánicos coma inorgánicos e o seu aporte calórico, pasando por chegar a coñecer os alimentos que se debe aportar nunha dieta equilibrada, e os distintos parámetros recomendados pola Organización Mundial da Saúde (O.M.S.) como son a relación entre altura, peso, idade, sexo… que nos proporcionan o Índice de Masa Corporal (I.M.C.), a Porcentaxe de Graxa Corporal (P.G.C.) o Metabolismo Basal (M.B.) o Subministro Enerxético Diario (S.E.D.) entre outros…
Rematouse coas principais enfermidades e afeccións da nutrición, moitas outras ademais das coñecidas anorexia e bulimia e unas frases relacionadas co tema en cuestión.
Na parte práctica, chegáronse a calcular aproximadamente entre 75-80 casos dos citados parámetros, informando persoalmente e por escrito a cada unha das persoas do alumnado e profesorado que se prestaron voluntarias para coñecer a súa relación Nutrición/Saúde, chegando á conclusión nalgún destes casos, de que realmente hai que coidarse dende unha idade temperá, porque realmente…
“SOMOS O QUE COMEMOS”