Roteiro a Varalonga
O pasado 20 de abril alumnado de 1º da ESO fixo un roteiro desde o centro ata Varalonga para traballar a observación da flora autóctona e a transformación da paixase natural levada a cabo pola actuación do ser humano. Fíxose uso do material publicado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo. Comprobade o interesante da experiencia segundo as opinións de algúns participantes:
- "Gustoume moito esta excursión. Aprendín a diferenciar árbores, a ver pegadas, onde vai o lixo...". (Antonio Martínez).
- "A excursión foi entretida: vimos moitas árbores, matogueiras, etc... Observamos un ecosistema destrozado por escombros ilegais. Estivemos tamén identificando árbores e arbustos". (Pablo Bastón).
- "Esta excursión foi positiva porque aprendín a identificar as árbores e coñecer o medio natural que nos rodea". (Mónica Soto).
- "A visita foi interesante porque desta forma aprendín os nomes das árbores e a distinguir unhas das outras... A parte de facer exercicio!". (Raquel González).
»