Programa Comenius en Konya
Do 3 ao 7 de febreiro as profesoras do centro Rosa Cabada e Isabel Armesto desprazáronse a cidade turca de Konya para participar nunha visita preparatoria do Programa Comenius. Foron días de traballo, intercambio cultural e convivencia co profesorado da Enderun Secondary School de Konya e nos que as dúas profesoras tiveron a oportunidade de coñecer directamente o funcionamento das institucións e dos centros educativos. Realizaron tamén visitas para achegarse ao seu patrimonio cultural (etnografía, arqueoloxía, gastronomía, etc). Resaltaron, sobre todo, a hospitalidade e o interese pola comunicacion e relacións humanas.
»