Hoxe felicitamos á IV Promoción de STEMBach do IES María Casares, que hai uns días remataron a súa formación coa exposición dos seus Proxectos de investigación. Ditos proxectos foron defendidos ante unha comisión avaliadora.
Tanto as cualificacións obtidas como a experiencia destes dous cursos foron altamente satisfactorias, o que mereceu os parabéns dos avaliadores e do resto dos asistentes ao acto.
A relación de alumnado participante e os proxectos defendidos foron os seguintes:
• Nora Khidroun Meléndrez (O laboratorio das emocións)
• Gabriel Rodríguez Carlín e Iago Van de Weyer Lodeiro (A vexetación da contorna do teu centro educativo e a súa morfoloxía polínica)
• Antía López Rodríguez, Paulina Pernas Preissl, Vanesa Calvo Rosende, Sayari Correia Montenegro, Julia Ríos Carro e Cristina Díaz Fernández (Procura de novos compostos antitumorais)
• Iago Arsequell Rodríguez (Buscando a Young)