Skip to Content

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2023

O pasado luns 24 de abril, celebramos o Día do Libro cun invitado moi especial: o polifacético Xurxo Souto, de quen tanto se pode dicir que é escritor, como xornalista, cantante ou profesor de Clásicas.

O alumnado de 1º de Bacharelato tivo a ocasión de pasar un anaco intenso e inesquecible no que falamos de literatura, da necesidade de non esquecer xamais as nosas raíces como habitantes da ría da Coruña, do valor de facer música ou de escribir como modo de realización e satisfacción persoal; en definitiva, da vida con maíusculas. Ao final do acto todos os asistentes cantamos un rebético (canto popular grego), na súa lingua orixinal e na súa adaptación ao galego, aí é nada!

Grazas Xurxo por nos dar unha das mellores leccións de todo o ano, desas que te fan pensar sobre as cousas que verdadeiramente importan!

Volve sempre, sabes que o María Casares é a túa casa!



page | by Dr. Radut