Convocadas prazas nos CRD de Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2021-2022
Publicada a Orde do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia en centros residenciais docentes (CRD) da Coruña, Ourense e Vigo, ao alumnado que o próximo curso 2021-2022 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
Presentación de solicitudes:
Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (Anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede. xunta.gal). Opcionalmente, tamén se poderán presentar presencialmente no CRD e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación de solicitudes:
Alumnado matriculado en Bacharelato: do 17 de xuño ao 9 de xullo de 2021
Alumando matriculado en ciclos formativos: do 17 de xuño ao 2 de agosto de 2021
Requisitos das persoas solicitantes:
- Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios en centros públicos ou privados concertados de Coruña, Culleredo, Ourense ou Vigo, no curso 21-22.
- Non repetir curso, e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.
- Non ter sido expulsada no curso anterior dun CRD nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por condutas gravemente prexudiciais para a convivencia.
- Estar matriculada nunha modalidade ou nunha familia profesional que non se imparta en ningún centro público da localidade galega de residencia habitual, e tampouco se imparta nunha localidade próxima ou que permita o desprazamento diario con facilidade.
Para consultar a orde da convocatoria ou máis información, preme no enlace.