Saltar navegación.
Inicio

"Trouble" Coldplay

"Trouble" é unha das máis coñecidas cancións do exitoso grupo británico Coldplay, liderado polo guitarrista, teclista e cantante Chris Martin.
Esta canción aparecía no seu álbum de debut do ano 2000 titulado "Parachutes". Outras melodías exitosas dese álbum foron "Yellow" e " Shiver". 
"Trouble" amosa unha das formas máis características destes estilos de música popular urbana (rock, pop, etc): a sucesión de estrofas e estribillo. Neste caso a forma musical sería: AABAB e Coda.
Outro dos rasgos característicos desta canción é o riff que aparece no piano: unha primeira parte que se repite (fa#-sol-fa#-re-si)  e unha segunda (si-la-sol-fa#-re-si) que pecha o riff.
 
O acompañamento harmónico deste riff basease en tres acordes que se repiten: G, Em/G, Bm. Como podemos ver pola armadura, esta canción está escrita no ton de Sol Maior, e podemos escoitar e ver na mao dereita do piano (o pentagrama con clave de Fa en 4ª liña) que as notas que están sempre soportando a harmonía do riff son a Tónica (sol) e a Dominante (re)
O motivo ou idea rítmica tamén queda moi clara dende o principio: catro semicorcheas seguidas dunha corchea con puntiño e unha semicorchea. O compás, de 4/4, é o característico de moitas das cancións de pop e de rock.
Polo demáis, a canción centra toda a súa carga lírica e emotiva na voz do cantante, melancólica e suplicante, a ton coa letra. Esa letra témola no arquivo adxunto, onde podemos ver a tradución.
Para saber un pouco máis deste grupo inglés podemos pinchar no seguinte enlace:
AdxuntoTamaño
Trouble.odt13.8 KB