Saltar navegación.
Inicio

Proxecto TI© EMPRENDES para a mellora da empregabildade

Anunciamos o proxecto TI© EMPRENDES, cofinanciado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra, que pretende mellorar as condicións de empregabilidade, tanto por conta propia como allea, dos destinatarios/as.

O programa vai dirixido ás persoas que cumpran estes requisitos:

  • mozos e mozas desempregados/as que teñan entre 16 e 30 anos
  • que non estean integrados agora mesmo en ningún sistema de educación ou formación
  • inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • empadroados nalgúns dos concellos rurais que podedes consultar no cartel axunto en pdf, entre eles Vila de Cruces, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro ou Forcarei. 

O proxecto TI© EMPRENDES ofrece:

  •  Formación en materias específicas de cada zona.
  • Titorías personalizadas para a procura de emprego.
  • Asesoramento para a creación da túa propia empresa.

Os interesados/as podedes SOLICITAR PARTICIPAR, mediante preinscripción a través da sede electrónica da Deputación. O prazo para inscribirse en cada acción formativa estará aberto ata 15 días antes do comezo de cada unha delas.  

No cartaz axunto podedes consultar toda a información e o teléfono de contacto. 

 

AdxuntoTamaño
CARTEL TIC EMPRENDES.pdf585.53 KB