Saltar navegación.
Inicio

Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV) da UDC

A Universidade da Coruña ofrece unha nova edición das Xornadas de Portas Abertas Virtuais para futuro alumnado e familias, que  terán lugar o martes 14 e mércores 15 de xullo.

Os participantes poderán coñecer a universidade por dentro, interactuar cos responsables das titulacións e coñecer os servizos e unidades que facilitarán a súa vida universitaria (UDC Internacional, residencias públicas, centros de linguas, cultura, deporte, voluntariado, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudiantís, emprego...).

A información das Xornadas e sobre os distintos estudos que oferta a UDC (41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade, 2 Graos Abertos e o Grado de Nanociencia e Nanotecnoloxía de nova implantación no curso 2020-2021), pode ser consultada na seguinte ligazón https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/ , e tamén na aplicación móbil UDC.gal para Android e para IOS.

Os participantes disporán de: 

  • Videoconferencias en directo de cada titulación
  • Vídeos de Centros universitarios
  • Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumnado titulado. 
  • Haberá un apartado especial con retos e obradoiros en vivo, con agasallos para os participantes. 
  • Tamén terán a súa disposición un posto de información xeral, no que poderán facer as consultas e formular as dúbidas.