Saltar navegación.
Inicio

Acceso ao catálogo en liña de GaliciaLe

A fin de facilitar o acceso aos contidos disponíbeis do catálogo en liña da Rede de Bibliotecas de Galicia, o equipo da biblioteca do IES Marco do Camballón en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, pon a disposición de todas as interesadas/os, sexan ou non membros da comunidade educativa, un formulario de solicitude para cubrir e mandar por correo electrónico.
Como dicimos, e
ste formulario vai resolver o trámite de alta na Rede de Bibliotecas de Galicia, co que poderedes ler e visionar películas do catálogo de GaliciaLe sen necesidade de saír da casa. Podedes atopar o documento de solicitude premendo nesta ligazón.

Unha vez aberto o documento (archivo -> descargar), este quedaría disponíbel no ordenador do usuario no cartafol Descargas para ser cumprimentado. Unha vez feito, enviaríase por correo electrónico ao enderezo que figura na propia solicitude. Para aquelas persoas que non poden imprimir o documento, pregamos que manuscriban os datos de forma clara, o asinen e o envíen (por imaxe) por correo electrónico ao mesmo enderezo.

Para os que xa teñades acceso a GaliciaLe por dispoñerdes do carné dunha biblioteca municipal, os pasos para o acceso ao catálogo en liña son os seguintes:

- Para entrar ao catálogo de GaliciaLe, premede, arriba á dereita, en A miña conta e cumprimentade os datos que vos requiren.
- Para poder modificar ou recuperar o contrasinal, unha vez na web de GaliciaLe, deberedes especificar, segundo vos pida, os seguintes datos:

        CONCELLO (biblioteca pública non escolar onde te deches de alta) + seguinte
        NÚMERO DE USUARIO (DNI sen letra) + enviar (manda un correo electrónica e ahí podes cambiar contrasinal ou recuperar)