FP: flexibilización das prácticas (FCT) e calendario escolar
O Ministerio de Educación e Formación Profesional e as administración educativas das Comunidades Autónomas acordan flexibilizar as prácticas e o calendario escolar, para que o alumnado da Formación Profesional poida superar o curso pese ás condicións excepcionais.
A duración da Formación en Centros de Traballo (FCT) limitarase de maneira excepcional ás horas mínimas recollidas na normativa básica, é dicir, 220 horas. Asemade, integrarase de forma excepcional o módulo de FCT con un módulo de Proxecto, para que se poidan abordar os obxectivos asociados ó entorno laboral. Esta medida afectará tanto á FP Básica, como á de grao medio e superior.
As probas de acceso á FP de grao medio ou superior tamén serán pospostas se é preciso.
Acceso á nota de prensa na ligazón.