Novas Tecnoloxías - Plan Director
Comezamos o ano coa visita do cabo Ramón Fdez., da Garda Civil, que falou ós rapaces e rapazas da Formación Profesional Básica e de 2º e 3º da ESO, da importancia de facer un uso responsable das novas tecnoloxías e redes sociais.
Sen dúbida, os xeitos e formas de relación van mudando, e as novas tecnoloxías xogan un papel central en todo este cambio, pero tamén é certo que entrañan riscos dos cales moitas veces os máis novos non son conscientes. Ciberbullying, grooming, sexting, sextorsión....son algúns dos perigos nos que a rapazada se poden ver envoltos se non son prudentes na utilización destes medios. Nalgúns casos, o comportamento que teñamos na rede, mesmo pode ser constitutivo dun delito sen sabelo. Así, faise primordial facilitar información a modo de prevención e co fin de garantir un uso responsable e crítico das novas tecnoloxías.