Saltar navegación.
Inicio

I Festival de Artes Escénicas e Danza

POR FIN CONTAMOS CUN FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS E DANZA!!!

Non podemos dicir que é a primeira experiencia que temos dun festival no auditorio de Vila de Cruces. Ao longo de todos estes anos, que non son poucos, o departamento de Educación Física organizou moitos festivais nos cales contidos coma o teatro, a expresión corporal, coreografías de diversos tipos e  exhibicións varias tiñan cabida neses espectáculos.

A gran diferenza é que agora contamos cunha marabillosa materia optativa en 4º ESO que nos proporciona un tempo máis axeitado  para podermos afondar nestes contidos e con isto gozar máis destas experiencias. 

O musical xorde da necesidade de intentar englobar todos os contidos aprendidos, darlle forma a través dunha performance audio-visual e, ao mesmo tempo, de canalizar o que fomos traballando nun obxectivo concreto.

Porén o mellor  na preparación deste tipo de actividades é a convivencia que se realiza no grupo, coñecendo a compañeiros/as que sempre tivemos cerca pero que nunca miramos realmente. Tanto é así, que podemos dicir que a través destes traballos é cando realmente sabemos qué persoa temos ao lado.

Nós presentamos un musical, UN MUNDO PERFECTO?, que supón unha crítica feroz en clave de comedia do mundo que nos toca vivir e que nos rodea.

Neste I Festival de Artes escénicas e danzas temos, ademais, a sorte de contar coa participación doutros centros que nos presentarán o que están a realizar, moitas grazas ao IES de Melide e ao IES Chamoso Lamas de O Carballiño pola súa participación.

Por outra banda, non quero esquecer o traballo dos dous  grupos anteriores de artes escénicas e danzas dos  que aprendemos dos erros e tamén os  acertos para ir mellorando nesta novidosa materia.

Agradezo, por suposto,  ao alumnado deste curso o entendemento aberto e sen fendas dun mundo diverso.

En definitiva teño moita sorte e gozo moito con esta materia. GRACIÑAS a todos…

 

Neste vídeo podedes ver unha presentación do noso centro realizada polo alumnado de Artes Escénicas e Danza: