Ollos de aula: unha revista para as familias
Enviado por admin o Lun, 28/10/2013 - 15:51
Desde outubro de 2012 a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) publica na súa web unha mini-revista dirixida ás familias do alumnado. Ten periodicidade mensual e pódese descargar directamente desde a súa páxina ou mesmo subscribirse para recibila directamente a través do correo electrónico.
Pretende achegar información variada e accesible sobre a educación e convidar á reflexión sobre os temas que, como nais e pais, poidan causar preocupación. Cun deseño atractivo e un ton ameno, pode ensinarnos cousas moi útiles en moi pouco tempo. Non a perdades!!