Saltar navegación.
Inicio

Información importante sobre admisión de alumnado para o curso 2022-23

Dende o día de hoxe pódese consultar presencialmente a listaxe definitiva de alumnado admitido procedente dos centros adscritos a este instituto para o vindeiro curso académico 2022/2023, no taboleiro de anuncios da administración, situado no interior do edificio escolar.

Porén, tamén se pode consultar de forma non presencial a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, NON se poderá consultar por ningún outro medio físico ou electrónico de publicación.

Poderase formular reclamación á listaxe definitiva de alumnado admintido procedente dos centros adscritos no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar.

(O prazo de solicitude de admisión para o alumnado que non procede dos centros adscritos é do 1 ao 21 de marzo de 2022)

 

CALENDARIO ADMISIÓN ALUMNADO 2022-23

 

DÍA

ACCIÓN

RESERVA DE PRAZAS EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

11 xan – 8 feb

Reserva de praza no centro de adscrición

23 - 25 febreiro

Publicación de listaxes de admitidos

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

1 - 20 marzo

Presentación da solicitude de admisión

Antes 25 abril

Listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas (poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello Escolar)

Antes do 15 maio

Listas definitivas de persoas admitidas e non admitidas. Estas listas definitivas permanecerán expostas no taboleiro da administración do centro ata o día de incicio do novo curso escolar

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

25 xuño –  10 xullo

Formación de matrícula do alumnado ESO e bacharelato