Participamos no concurso Odisea 2022
Ars gratia artis reza o lema do concurso Odisea deste 2022. Arte por amor á arte é a filosofía que nos impulsa a quen amamos o mundo clásico nestes tempos de risco de afundimento das humanidades. E con amor e con arte non só non afundiron senón que chegaron a moi bo porto os 7 equipos que este ano representaron ao Camballón neste xa veterano concurso:As Venus, Lulaya, Χάριτες, Aiampa, Basajaun, Patroclo e Selene. Parabéns a todas e todos, foi un gozo vervos traballar arreo sen defalecer. E moitas felicidades a As Venus que obtiveron a máxima puntuación co segundo mellor tempo dos 197 equipos galegos concursantes e pasan á fase de desempate que se celebrará o vindeiro mércores 9 de febreiro.
Quod bonum, faustum, felix fortunatumque sit!